CulturaCulturaEducación

Comezo de curso nas 25 escolas infantís da Galiña Azul na provincia

Este centros suman unhas 1.116 prazas, segundo os datos da Xunta de Galicia
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, visitando  a escola infantil "Antela".
A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, visitando a escola infantil “Antela”.

Uns 900 nenos comezaban na mañá do 4 de setembro o curso nas 25 escolas infantís que a rede autonómica A Galiña Azul ten na provincia de Ourense. A directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañados polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, visitaron esta mañá a escola infantil “Antela”, no barrio ourensán do Couto, e participaron na apertura do curso neste centro que conta con 112 pequenos matriculados, con idades entre os 0 e 3 anos.

As escolas infantís da Xunta na provincia de Ourense conta oferta dunhas 1.116 prazas, das que unha parte son reservadas en cada escola por motivos de emerxencia social, o que supón o incremento dun 15,8 % (153 prazas) dende o ano 2009.

Na provincia funcionan un total 25 escolas infantís da rede autonómica situadas nos concellos de A Bola, A Merca, A Pobra de Trives, A Rúa, Allariz, Bande, Cartelle, Castro Caldelas, Coles, Nogueira de Ramuín, O Carballiño, Oímbra, Pereiro de Aguiar, Ribadavia, Toén, Viana do Bolo, Vilamarín, Vilamartín de Valdeorras, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, e 5 na cidade das Burgas (Antela, Barrocás, Covadonga, Farixa e Rúa Colón).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close