EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A comisión negociadora do convenio da lousa reúnese na AGP

A mesa da negociación está formada por catorce membros, sete por parte da patronal e outros sete polos sindicatos

Despois de dúas reunións fallidas a mesa negociadora do novo convenio da lousa quedaba constituída por catorce representantes: sete pola parte empresarial e outros tantos pola sindical (cinco membros de UXT, un da CIG e un de CC.OO.).

Na primeira xuntanza da comisión celebrada a finais de marzo unicamente UXT presentaba unha plataforma á patronal. Os outros dous sindicatos presentaban as súas propostas na segunda reunión que tiña lugar na sede da AGP, na tarde do 3 de abril.

Con todos os proxectos enriba da mesa, a comisión volverá reunirse o 27 de abril para seguir avanzando no novo convenio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button