PolíticaÚltima hora

Comité executivo do PP do Barco e reunión do comité de campaña en Trives

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, na sede dos populares barquenses./ Foto: Carlos G. Hervella.
O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, na sede dos populares barquenses./ Foto: Carlos G. Hervella.

O presidente provincial do PP e presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitaba na tarde do 4 de marzo O Barco. Ás sete realizaba un percorrido pola estrada OU-0851 que une os núcleos de Veigamuiños-A Proba e, unha hora despois, mantiña unha reunión co Comité Executivo Local do PP barquense na sede deste partido na vila.

A reunión do comité executivo local do PP do Barco tiña lugar o 2 de marzo./ Foto: Carlos G. Hervella.
A reunión do comité executivo local do PP do Barco tiña lugar o 2 de marzo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ao día seguinte, 3 de febreiro, o Comité de Campaña Provincial dos populares mantiña unha reunión cos candidatos e presidentes locais dos concellos de O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Na xuntanza abordáronse dúas cuestións consideradas claves nesta zona da provincia. Por unha banda, a necesidade de fixar poboación que, como sucede actualmente no medio rural, é un dos problemas fundamentais da provincia. Todos os participantes no encontro sinalaron a importancia do fomento da cultura emprendedora, co fin de facilitar o asentamento de emprendedores que busquen a posta en valor e desenrolo dos recursos endóxenos do territorio.

Artigos relacionados

Back to top button