EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Como cada ano, a primeira vendima da tempada en Valdeorras realízase en Pedrazais (A Rúa)

Manichy recollía sete cestos de albillo nunhas parras situadas na zona de Pedrazais

 

Cada ano é a vendima máis temperá de Valdeorras e neste 2021 non foi unha excepción. Na xornada deste 18 de agosto, cinco días máis tarde que no 2020, Manichy Trincado recollía a súa colleita de albillo (varidade de uva branca que se caracteriza por madurar moi cedo) das súas parras na zona de Pedrazais, na Rúa Vella.

Con respecto á cantidade, despois da baixada do ano pasado no que recollían apenas 4 cestos, nesta ocasión recuperaron a produción practicamente completa con case sete cestos de uvas ben maduriñas.

O inicio oficial da vendima en Valdeorras prevese para finais de agosto co que, novamente, Manichy adiántase un par de semanas o inicio xeral da campaña nesta comarca vitivinícola.

 

Manichy Trincado na súa vendima en Pedrazais (A Rúa).

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button