CulturaCulturaÚltima hora

Compadre e Comadre para homenaxear á tradición caldelá

 

Castro Caldelas conta dende o Xoves de Compadres con dous novos e singulares “veciños”: o Gaiteiro Sebastián e a Pandereteira Remedios. Chegaron da man da Artista Caldelá Maite Váquez para correr o Carnaval. “E como non se debe facer pola rúa e a meteoroloxía tampouco axuda para lucirse no balcón da Casa do Concello, convidamos aos veciños a que os saúden nas escaleiras. Iso si, de un en un, con sentidiño, usando o xel hidroalcólico e a mascarilla ben posta”, aseguran dende o Concello de Castro Caldelas

Estes dous personaxes constitúen unha homenaxe a dous dos eventos máis tradicionais e de referencia desta vila que este ano non puideron celebrarse por mor do Covid-19: os Fachós, aos que representa o Gaiteiro Sebastián (polo Voto feito o Santo Sebastián fíxose a 1° procesión no ano 1751) e a Festa dos Remdios na honra da patroa desta localidade a, a Virxe dos Remedios.

Nesta última celebración combínanse “elementos únicos do folclore como o Folión Pequeno (anticipo da Festa 9 días antes), a Noite das Bandeiras (máis de 35 km. de bandeiras artesanais feitas con papel de seda. Fío de cáñamo e engrudo pola xente da vila que son colocadas o día 6 de setembro a partir das 12h da noite polos veciños e donde ata os anos 90 non podían facelo as mulleres), e o Irrio Peliqueiro (maxima autoridade da vila nos días de festa, con foros propios, dereito de consumir gratis, zurrar a xente, presidir o altar maior,..) que encarna un home coa identidade oculta baixo unha máscara barbuda e un frac e do que comeza a haber documentación escrita a partir do 1718”, segundo o Concello

En definitiva co Compadre e coa Comadre que o que se pretende é “render homenaxe á cultura e á tradición caldelá”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button