ConcellosÚltima hora

A compañía Redrum Teatro trae o espectáculo ‘Moito Conto’ ao Carballiño

Un momento da representación da obra, que se reproducirá este domingo no Carballiño.
Un momento da representación da obra, que se reproducirá este domingo no Carballiño.

O Auditorio Municipal de O Carballiño acollerá este domingo 15 de maio a representación do espectáculo ‘Moito Conto’, da compañía Redrum Teatro. Será nunha única función programada para as 12:00 horas.

Trátase dunha peza teatral dirixida aos máis cativos que transforma o coñecido conto de Hansel&Gretel nunha versión musical dirixida polo lalinense Alex Sampayo. A compañía compostelá estrenou este espectáculo no 2011 e agora chega ao Concello do Carballiño entre éxito e boa crítica.

Vai dirixido a público esencialmente familiar a partir dos cinco anos e as entradas, a un prezo de cinco euros, poden adquirirse no propio auditorio dende unha hora antes do comezo da obra.

Artigos relacionados

Back to top button