CulturaCulturaÚltima hora

A compañía Yllana recala no Barco coa xira de “Chefs”

A función, en torno á gastronomía, será o xoves 28 de abril no Teatro Lauro Olmo
Cartaz da obra de Yllana, "Chefs".
Cartaz da obra de Yllana, “Chefs”.

De Ourense á Estrada, pasando polo Barco de Valdeorras. A compañía de teatro Yllana regresa aos escenarios galegos cun novo espectáculo xestual e de efectos visuais que xoga co formato televisivo da alta cociña.

“Ches” comeza a xira este mércores na Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense e ao día seguinte, xoves 28 de abril chegará ao Barco onde a función será ás 20 horas no Teatro Lauro Olmo.

A través dun humor universal e cunha traxectoria profesional de 25 anos, Yllana achega esta divetida peza protagonizada por un chef de gran prestixio que tras perder a inspiración terá que confiar nun disparatado equipo de cociñeiros para crear unha receita espectacular e novidosa que lles permita manter as estrelas do seu restaurante. Ao mesmo tempo, entre a competitividade que xurde entre cociñeiros, o público terá ocasión de percorrer diferentes facetas do mundo da cociña.

Artigos relacionados

Back to top button