ConcellosEntroido 2020Galerías de fotosÚltima hora

Comparsas e folións retan un ano máis á chuvia no desfile do Entroido na Veiga

 

Cun apoteósico final na praza por parte do Fulión da Veiga, remataba o desfile do Martes de Entroido na Veiga. Un desfile marcado un ano máis pola chuvia que caía de forma intermitente ao longo da mañá. Algo que non impediu que os participantes (dez comparsas e folións) percorresen a vila nunha animada comitiva que saía da zona escolar e remataba no centro do pobo.

 

Un Charrelo durante o desfile da Veiga.

 

O primeiro en tocar era o Folión de Chandrexa e despois continuaban os de Fornelos de Filloás e Ramilo e Penouta, sendo o anfitrión, o Fulión da Veiga, o encargado de pechar o desfile, acompañado polos Charrelos e un Boi. E entre medias, varias comparsas entre as que non faltaron a das Mulleres Rurais, a do colexio da Veiga e a do grupo de cantos de taberna Tómalle Outra de Viana, así como diferentes carrozas en torno á natureza e á Faba Loba das Montañas de Trevina ou á sanidade, entre outras.

O broche á xornada poñíao a Festa da Soá que reunía a centos de persoas no pavillón, pero o Entroido non rematará na Veiga ata o vindeiro sábado 29 de febreiro co encontro de folións a partir das catro da tarde.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Máis información e fotos da XVI Festa da Soá, no seguinte enlace: https://osil.info/a-xvi-festa-da-soa-da-veiga-reune-a-mais-de-600-persoas/

Artigos relacionados

Back to top button