En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Completada a IV etapa do Camiño de Inverno, entre O Barco e Montefurado

Organizada pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago polo Bierzo, a ruta deixa a provincia de Ourense para adentrarse na de Lugo

Os peregrinos do Bierzo e Valdeorras continúan o seu percorrido polo Camiño de Inverno. Desta vez tocáballe o turno ao tramo entre O Barco e Montefurado. 19 quilómetros que comezaban na praza do Concello barquense cun bo almorzo para os andarines por xentileza da concellería de Promoción Económica, Turismo e Comercio, con Irene Dacal ao fronte.

E tralos churros e o café con leite, os 80 camiñantes collían rumbo a Vilamartín de Valdeorras, onde o alcalde Enrique Álvarez (que os acompañou dende a saída), selaba as credenciais aos peregrinos. Despois pasaron pola Rúa o bonito pobo de Alvaredos xa no límite entre as provincias de Ourense e Lugo ata chega ao destino, Montefurado (Quiroga), xa na provincia de Lugo, con xantar no Restaurante Pazo do Sil.

A seguinte etapa, a V, será xa o vindeiro 1 de decembro entre Montefurado e San Clodio completando outros 20 quilómetros que os acerquen ao destino final: Santiago de Compostela.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button