ConcellosO BarcoÚltima hora

Complétanse as 50 prazas da observación astronómica do 15 de agosto no Barco

 

Gran resposta ante a actividade de observación astronómica prevista para o vindeiro 15 de agosto no Barco. Dende o Concello vén de infórmarse de que xa completaron as 50 prazas dispoñibles para esta proposta, que terá lugar o vindeiro domingo, a partir das 21:45 horas, na área recreativa do Salgueiral.

A actividade forma parte do programa O Teu Xacobeo-As estrelas no Camiño, no que participan o Xacobeo 20-21, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller, a Universidade de Santiago e o Concello do Barco de Valdeorras.

Antes da observación, os expertos da USC ofrecerán unha charla introductoria breve, con apoio audiovisual, e despois todos os asistentes poderán contemplar, a través de telescopios electrónicos situados no lugar, o ceo de agosto, coa chuvia de estrelas, a Lúa, Xúpiter, Saturno, etc, guiados polos mesmos expertos.

Artigos relacionados

Back to top button