ConcellosÚltima hora

Complétase a 1ª etapa do Camiño de Santiago “Augas Sacras”, dende Castro Caldelas

Publicidade

 

Na Praza do Prado de Castro Caldelas encetábase ás 9h. deste sábado 8 de maio o programa da primeira das dúas etapas do Camiño de Santiago “Augas Sacras”, actividade na que se cubrían todas as prazas.

Dende ese punto da vila partía un autobús que levaba aos camiñantes cara o inicio da ruta na Ponte Navea. Dende aí o alto de Cerdeira, Vilamaior, Casfiel, Cacidrón, S. Pedro, O Burgo, Mosteiro de San Xoán de Camba e chegada sobre as 16:00h a Castro Caldelas. O traxecto, guiado por un guía titulado, tiña unha distancia de 18km e 550m de desnivel positivo e de dificultades baixa-media.

 

 

Ademais no desenvolvemento desta actividade, promovida dende o Concello no marco do programa “Un Castelo no Camiño”, contábase coa colaboración de Protección Civil de Castro Caldelas.

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, facía un balance moi positivo desta etapa, agradecendo ademais “o labor dos guías Toni, Manuel e os seus colaboradores. Tamén a Protección Civil do Concello, aos veciños dos pobos polos que pasamos e a toda a xente que participou, cun comportamento exemplar”.

A segunda etapa deste Camiño, que completou tamén o seu aforo, está prevista para o vindeiro día 22 de maio.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button