ConcellosÚltima hora

Completo percorrido de Papá Noel polo municipio de Vilamartín de Valdeorras

 

Dende San Miguel ata Arcos, pasando polas rúas centrais e prazas do casco urbano de Vilamartín, Valdegodos, Córgomo e Portela. Na tarde deste xoves 24 de decembro Papá Noel percorría diferentes localidades do municipio, repartido lambetadas e bos desexos para este Nadal.

Por motivos de seguridade, é obrigatorio o uso de mascarilla e manter a distancia, polo que este ano non pudo baixar do seu tren pero si saudou aos cativos nas rúas. Ademais, na porta da Casa do Concello, está o seu buzón por se hai alguén que aínda non enviase a súa carta.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button