ConcellosO BarcoÚltima hora

Complicacións ao circular polo centro do Barco polo asfaltado da avenida Conde Fenosa

 

Mañá complicada para circular polo centro do Barco accedendo dende a céntrica avenida Conde Fenosa, na que se veñen de retomar os traballos de asfaltado iniciados o pasado mércores. Un dos carrís está cortado e polo outro hai limitacións para circular. Tamén se lle complica á situación aos vehículos á hora de aparcar, ao suprimirse tamén as prazas de estacionamento pola obra.

A Policía Local do Barco está a regular o tráfico para facilitar a circulación dende primeira hora da mañá.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button