OurenseÚltima hora

Complicacións pola neve nas estradas ourensás

Ao longo da xornada rexistrábanse certas incidencias en puntos como o alto do Covelo, na estrada A Rúa-A Gudiña
Pequenas incidencias esta mañá no alto do Covelo, na estrada A Rúa-A Gudiña./ Foto cedida.

O temporal de chuvia e neve que afecta á provincia de Ourense está a complicar a circulación polas súas estradas e tamén pola autoestrada A-52. Xa dende primeira hora da mañá rexistrábanse incidencias en vías como a estrada A Rúa-A Gudiña, tal e como pode verse nesta imaxe, tomada no alto do Covelo.

Arestora a Dirección Xeral de Tráfico, advirte da situación en determinadas zonas pola neve, como é o caso da autoestrada A-52 á altura de Vilavella (A Mezquita) dende o quilómetro 112.5 ao km 129 en ambos sentidos, xa que o seu firme está en malas condicións. Tamén se prohibe a circulación de camións e articulados.

Ademais a DXT indica que a circulación está condicionada pola neve la estrada OU-536 á altura de Vilariño Frío, dende o km 28 ao km 38 en ambos sentidos polo firme en malas en condicións.

No caso da provincia de Lugo, no veciño concello de Quiroga a DXT tamén informa de que a estrada LU-651, á altura da Ermida é transitable con precaución en ambos sentidos dende o 8 km ata o km14.

Artigos relacionados

Back to top button