EconomíaEconomíaÚltima hora

Comunicado da IXP Castaña de Galicia e de Proagrosilga

Os presidentes do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e da Asociación de Productores e Exportadores de Productos Agrosilvestres de Galicia (PROAGROSILGA), Francisco Barredo, veñen de manifestar, mediante un comunicado, a súa “preocupación ante a confusión que poda xerar no noso sector” a noticia publica en prensa sobre unha manifestación convocada en Santiago co lema en defensa do rural, “impulsada por la cadena de valor de la madera” e co lema “de defensa del rural”.

“Entendemos”, din Jesús Quintá e Francisco Barredo na nota, que “para defender O Rural apuntámonos todos ao carro, pero neste carro debemos caber todos. Xéranos desconfianza que unha parte se arrogue a representación de todo o rural e preocúpanos, como manifestou algún dos seus representantes, que oproceso de abandono do rural só se solucione plantando eucalipto. Cremos que se está convocatoria pode enmascarar uns intereses que non son os do Medio Rural e sí  dalgún lobby que necesita xustificacións debemos desconfiar e mantenernos á marxe”.

Tamén matizan que “non estamos manifestando unha oposición, non estamos en contra do eucalipto, por suposto tampouco a favor, soamente tratamos de ser coherentes cos intereses do Rural e non dunha parte, hai sitio para todos. Non queremos entrar en polémicas pero sí ser moi claros, os intereses que poidan ter algúns grupos que están detrás do conflito entre a industria da madera e a Xunta nos preocúpannos e, por tanto, entendemos que estes colectivos non nos representan, xa que existen en Galicia outras industrias tan importantes, rendibles e valiosas para o futuro do Medio Rural como poda ser a industria da madeira”.

Artigos relacionados

Back to top button