CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A comunidade educativa do CEIP Julio Gurriarán anuncia novas mobilizacións

Trátase do único colexio do Barco de Valdeorras que non dispón de pavillón propio
Concentración para esixir á Xunta o pavillón celebrada en maio no CEIP Julio Gurriarán. /Foto: Mónica G. Bellver.
Concentración para esixir á Xunta o pavillón celebrada en maio no CEIP Julio Gurriarán. /Foto: Mónica G. Bellver.

O 12 de setembro arrancaba en Galicia o curso escolar 2016/2017 para Educación Infantil e Primaria, e no CEIP Julio Gurrirán do Barco de Valdeorras facíano un ano máis sen pavillón. Por iso, e só catro días desposis, a comunidade educativa do centro anunciaba mediante un comunicado “novas mobilizacións”.

Dende o colexio, o único de Valdeorras que non conta con esta instalación, levan xa máis de dez anos reclamando un pavillón propio para o colexio sen necesidade de desprazarse cos nenos fóra do centro. “Tras as manifestacións de malestar da ANPA durante o curso pasado a Consellería ofreceu iniciar as obras en dúas fases, comprometéndose a pagar unha pequena cantidade para iniciar a construción do pavillón e deixar a maior parte do custo a cargo do Concello do Barco”, explican molestos dende o colectivo, asegurando que consideran “responsabilidade total e absoluta da Consellería de Educación facerse cargo do proxecto do pavillón e do custo total ou da maior parte do mesmo”.

Artigos relacionados

Back to top button