Economía

Con catas comentadas

Festa da cervexa artesá, no Bar Triskel do Barco o día 7
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

A diferenzas son moitas. Tanto pola materia prima, coma pola elaboración. Unha cervexa artesá ten moi pouco que ver cunha industrial. “A artesás son cervexas vivas. Nós non filtramos as cervexa, nin a pasteurizamos, entón no fondo da botella teñen un pouquiño pouso que é a levadura e seguen en proceso de elaboración. Non son cervexas inertes senón que van cambiando ao longo do ano e, a parte, están cheas de vitaminas, de minerais e de proteínas”, sinala Alberto Gómez, responsable de Cervexa Artesá Keltius, cuxa fábrica está na cidade de Ourense.

E así o poderán comprobar os valdeorreses que participen na “Festa presentación da cervexa artesá Keltius”, que se celebrará no Bar Triskel do Barco o 7 de decembro a partires da seis da tarde neste. Tratarase dunha cata que dirixirá Alberto Gómez e cuxas prazas serán limitadas. As inscricións terán un custe de 10 euros e poderán realizarse ata o 5 de decembro neste bar barquense, situado na céntrica praza Lauro Olmo.

Na cata poderán degustarse dúas das cervexas que elabora Keltius: a Trasno e a Mosteiro. Nela comprobaranse as súas características, diferenzas e matices.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button