CulturaCultura

Con miras na quinta edición

Oito grupos de teatro, entre eles Sarabela, participan nas Xornadas da Rúa
Foto: Mónica G. Bellver
Foto: Mónica G. Bellver

Cun balance “moi positivo” en canto a calidade e entrega dos grupos participantes, e tamén de público, clausurábanse as IV Xornadas de Teatro A Rúa, organizadas pola Asociación Cultural de Teatro A Ruada e feitas “co agarimo das anteriores e co propósito de facerlles disfrutar de momentos agradables. Se de verdade o conseguimos xa nos damos por satisfeitos” en palabras do presidente do colectivo Ramón Díaz.

Foron sete días de intensa actividade teatral nos que os grupos convidados deron o mellor de si mesmos para arrincar un aplauso do público e, un ano máis conseguírono. Especialmente os rapaces de Morea coa súa obra “Espagueti con chourizo”. “Foi total e á xente encantoulle” di Maribel Campo un dos tres pés sobre os que se asenta este proxecto.
Un proxecto cultural que nacía hai catro anos co obxectivo de reunir todo o teatro afeccionado que hai na zona, que é moito, e amosarllo á xente “que todo o mundo teña a posibilidade de ver o que se fai” explica Maribel.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button