Concellos

O Bolo prepárase para exaltar a vitela

O Concello de O Bolo pon en marcha a VII Festa da Vitela
Asistentes á pasada edición da Festa da Vitela.
Asistentes á pasada edición da Festa da Vitela.

O sabor e calidade da carne de tenreira, criada nas terras de O Bolo poñerase de manifesto unha vez máis na Festa da Vitela que o Concello organiza para o Sábado Santo, este ano o 19 de abril.

Para poder asistir á VII edición desta cita gastronómica, a mediados de marzo poñíanse á venda as entradas, coma sempre nos establecementos de O Bolo (Novagalicia Banco, restaurante Volobriga, bar Pote…), o restaurante A Lareira e os bares A Tasca e Skina na Rúa, no bar Murias de Cambela, e no restaurante Fernando III e bar Chambray no Barco.

Tal como explica o alcalde de O Bolo Manuel Corzo, porán á venda en torno ás 700 entradas malia que o ano pasado foron preto de 800 as persoas que asistiron á cita, que mantén o mesmo formato de anos anteriores. O prezo da entrada mantense en 15 euros, así como o menú consistente en sopa de fideos, carne de vitela con garavanzos e patacas, androlla, chourizo e lacón; de postre roscón e para beber viño, auga, licores caseiros e café.

Así, o sábado 19 de abril en torno ás 14h. o pavillón de O Bolo, situado na parte superior do colexio, abrirá as portas para acoller aos comensais, animados pola música da charanga que marcará o ritmo antes, durante e despois do xantar.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button