ConcellosÚltima hora

Conato de incendio na residencia da terceira idade do Barco

Bombeiros na entrada desta residencia da terceira idade do Barco.
Bombeiros na entrada desta residencia da terceira idade do Barco.

Todo quedou nun susto. A rápida intervención do persoal da residencia da terceira idade Nosa Señora de Fátima no Barco impedía que un conato de incendio, que se producía nun radiador da planta baixa deste centro na mañá do 2 de novembro, fose a máis. Era este mesmo persoal quen sofocaba o lume, pero tamén tomaba a precaución de chamar aos bombeiros. Non foi necesario desaloxar aos residentes.

Ademais dos Bombeiros do Parque Comarcal de Valdeorras, ao lugar acudía o GES do Barco e a Policía Local do Barco.

Ata o lugar desprazábanse os bombeiros do Parque Comarcal de Valdeorras, o GES do Barco e a Policía Local.
Ata o lugar desprazábanse os bombeiros do Parque Comarcal de Valdeorras, o GES do Barco e a Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button