ConcellosÚltima hora

Conato de incendio na Rúa Vella

Tivo lugar nesta madrugada de 19 de agosto, sobre as 2:40 horas, aproximadamente

 

Vivenda coa persiana queimada.

 

Nesta madrugada de 19 de agosto tiña lugar na Rúa Vella un conato de incendio. Producíase sobre as 2:40 horas nunha casa, ao prenderse lume dende o exterior a unha persiana. O incendio quedou extinguido pola intervención dun bombeiro, que nese momento estaba fóra de servizo, coa axuda de varios veciños.

Segundo o Concello da Rúa, malia que o propietario do inmoble encontrábase dentro durmindo nese momento, non houbo que lamentar ningún dano persoal.

 

Vivenda.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button