ConcellosO BarcoÚltima hora

Conato de incendio nunha vivenda do Barco

 

Arredor das sete e media da tarde deste 7 de decembro un aviso por un incendio nunha vivenda situada na céntrica avenida Eulogio Fernández do Barco mobilizaba aos efectivos de emerxencias. En primeiro lugar chegaba ao lugar a Policía Local, que sofocaba con rapidez as chamas cun extintor, que comezaran no moble do forno.

Ademais interviña o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras que procedía a desmontar o forno para evitar riscos e a ventilar o inmoble. Tamén acudían ao lugar do suceso os bombeiros do parque comarcal. Finalmente, o aviso quedábase nun conato de incendio.

Artigos relacionados

Back to top button