SanidadeÚltima hora

O Concello de Amoeiro e a Xunta colaboran na reforma do Centro de Saúde

As obras teñen un orzamento de 10.000 euros, cofinanciados ao 50% por ambas as dúas administracións
Jesús Vázquez Almuiña e Rafael Rodríguez.

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) e o Concello de Amoeiro colaborarán nas obras de reforma do centro de saúde deste municipio, que terán un orzamento total de 10.122,81 euros cofinanciado ao 50% por ambas as dúas administracións.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde, Rafael Rodríguez Villarino, asinaron hoxe, 20 de setembro, un convenio con este obxectivo, xa que os servizos técnicos do Sergas detectaron que este centro sanitario require de diversas actuacións de mantemento para ofrecer o mellor servizo posible aos seus usuarios.

Segundo este acordo, o Concello de Amoeiro, como titular do centro de saúde, asumirá a supervisión do proxecto técnico de obras e a contratación, dirección e execución da reforma; mentres que ao Servizo Galego de Saúde lle corresponde a coordinación, xunto ao Concello, daquelas actuacións que resulten necesarias para garantir o mantemento e a continuidade asistencial durante o prazo de execución das obras.

Artigos relacionados

Back to top button