ConcellosÚltima hora

O Concello de Oímbra e a Xunta exploran novas liñas de colaboración en Servizos Sociais

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reunese coa alcaldesa de Oimbra, Ana María Villarino. // Foto: Ana Varela

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela e a alcaldesa de Oímbra, Ana Maria Villarino, mantiveron hoxe, 23 de outubro, unha nova xuntanza de traballo.

Na xuntanza abordaron a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe no concello. “O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos e galegas a través das políticas sociais”, asegurou o conselleiro.

Este encontro, apuntan dende a Xunta, enmárcase na liña de diálogo da Consellería de Política Social coas demais administracións públicas de Galicia para xuntar esforzos no ámbito social e optimizar os recursos autonómicos e locais para mellorar a calidade de vida da totalidade da poboación.

Neste sentido, dende o Goberno galego reiteran que  incrementaron “en preto dun 12% neste 2017 o número de horas dispoñibles no Servizo de Axuda no Fogar (SAF)”. Isto tradúcese, din, nun aumento de 2.016 horas anuais, o que fai un total de 19.020 horas de servizo ao ano.

Asemade, ambos mandatarios analizaron o mapa de infraestruturas autonómicas emprazadas nesta localidade, como a escola infantil que oferta 20 prazas para nenos menores de 3 anos e para a que a Xunta destina 90.000 euros en concepto de mantemento.

No que respecta área de maiores e persoas con discapacidade, Oímbra conta cun centro de día con 21 prazas públicas de titularidade autonómica e no que se realizaron obras de mellora o pasado ano.

O conselleiro e a alcaldesa repasaron as infraestrturas que a Xunta ten nesta localidade. //foto: Ana Varela

Artigos relacionados

Back to top button