SanidadeÚltima hora

O Concello de Ourense concede a licencia de apertura ao novo hospital

 O concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, asinou o decreto que concede dita licencia logo de verificar todos os informes positivos que así a avalan
Novo edificio de hospitalización do CHUO.

O Concello de Ourense vén de conceder licencia de apertura ao novo Hospital, que conta con 52.000 metros cadrados de superficie sanitaria, logo dun investimento de 41 millóns de euros e gañará 116 camas máis, chegando así ás 930 camas totais.

O concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, asinou esta mañá o decreto que concede dita licencia logo de verificar todos os informes técnicos e xurídicos positivos que así a avalan.

“O Goberno Municipal adoptou a decisión coa maior celeridade e seguridade xurídica para que o novo Hospital de Ourense, referente na Sanidade de toda Galicia, abra con todas as garantías”, aseguran fontes consistoriais.

Máis información sobre o traslado de pacientes na seguinte ligazón:

O CHUO iniciará a vindeira semana o traslado de pacientes ao novo edificio de Hospitalización

Artigos relacionados

Back to top button