OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense entrega os premios do Box dos Desexos de Nadal

Foto de grupo dos gañadores.

O Concello de Ourense deu a coñecer hoxe, 11 de xaneiro, os gañadores do sorteo de premios do Box dos Desexos, dentro da campaña de fomento do Comercio Local con motivo do Nadal. Os gañadores acuridon na tarde de hoxe ao salón de plenos para recibir os seus galardóns.

Así, Ana Rodríguez gañou unha viaxe a Disneyland París para 2 adultos e un neno menor de 12 anos. Isabel Tarrío foi galardoada cunha viaxe ao Parque Warner de Madrid para 2 adultos e un neno menor de 17 anos.

As dúas estancias dunha noite para dúas familias de catro persoas en calquera balneario de Caldaria Termal foron a parar para Carmen Soares e Jaime Noguerol.

As 3 ceas e 1 comida en restaurantes ourensáns para dúas persoas foron para os seguintes premiados: comida no restaurante Monterrey: Pilar Núñez; cea en A Feiriña: Silvestre Celso Álvarez; cea en Ataranza, para Consuelo Viqueira; en A Taberna ceará Jesús García.

Finalmente, as dúas ceas en La Estación de Loman para 4 persoas foron para Ángel Luis Gil e Ángeles Direito.

Artigos relacionados

Back to top button