EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Concello de Trives reparte preto de 500 racións no xantar da XLIV Festa da Bica

A gañadora do I Concurso Selfie foi Alba Rodríguez entre máis de 30 fotografías

Preto de 500 racións de bica eran as que se repartían no xantar co que o Concello da Pobra de Trives celebrou a XLIV edición da festa promocional do doce estrela da comarca. Unha cita que tiña lugar no mediodía do 29 de xullo na praza do Reloxo, cun menú centrado no polbo á feira e na carne ao caldeiro, ademais do citado postre.

Como actividades complementarias á festa gastronómica, este ano organizáronse dous concursos: un de selfies coa recepción de máis de 30 fotos entre as que resultou gañadora a de Alba Rodríguez Vasallo; e outro de camisetas con mensaxes en torno á Bica de Trives no que participaron tres animados grupos que quedaron empatados.

Ademais, pola mañá estivo aberto un mercado de artesanía con pasarrúas da Banda de Gaitas os Trintas e da Charanga Nova Terras de Trives que tamén amenizou o xantar, no que se instalou un simpático photocall para que a xente se fotografase.

A festa continúa pola noite coa Disco Móbil Ráfaga.

Fotos: Concello de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button