ConcellosÚltima hora

O Concello de Trives retransmitirá os seus plenos por facebook

A sesión convocada para o vindeiro xoves día 30 de novembro será a primeira en emitirse por este sistema
Exterior do Concello de A Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

As sesións plenarias da Corporación de A Pobra de Trives poderán seguirse a partires de agora por facebook. Así o vén de anunciar o Concello trivés, que matiza este sistema de transmisión porase en marcha xa no pleno convocado para o vindeiro xoves 30 de novembro.

“Queremos utilizar as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías para achegar os plenos aos veciños”, di o alcalde, Francisco José Fernández. Sen esquecer que as sesións son abertas á cidadanía, o rexedor di ser consciente de que non sempre a veciñanza pode achegarse, ben pola hora, porque se esquece ou porque non pode desprazarse ata o consistorio.

A través desta iniciativa ábrese un abano grande de posibilidades, posto que as persoas interesadas non só poderán seguir a sesión en directo, senón que despois quedará colgada no Facebook do Concello (https://www.facebook.com/concellodapobradetrives/) e tamén se enlazará á web municipal (http://www.apobradetrives.es/). “Funcionará a modo de hemeroteca, para que calquera persoa poida consultar o que se falou nos plenos, e escoitarao directamente da boca das persoas que interveñan”, engade Fernández.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close