CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Verín convoca o concurso “Cartel Oficial do Entroido 2018”

A data límite para a presentación dos traballos é o 8 de decembro de 2017
Imaxe do cartel do concurso.

A maquinaria do Entroido 2018, unha das celebracións máis importantes de Verín, xa está en marcha. Por iso o Concello vén de convocar o concurso para seleccionar o cartel oficial das festas, no que poderán tomar parte todos os creadores españois ou estranxeiros que así o desexen, co número de traballos que estimen oportunos, sendo condición indispensable que as obras sexan orixinais.

Dacordo coas bases que poden consultarse na páxina web do Concello (www.verin.es) as obras levarán como único texto “ENTROIDO 2017-VERÍN. 1, 4, 8, 9, 10, 11, 12 e 13 de febreiro. Festa declarada de interese turístico nacional” sendo o tema será libre de elección e interpretación do autor debendo recoller o espírito entroideiro de Verín.

A data límite para a presentación dos traballos é o 8 de decembro de 2017 e os carteis presentados expoñeranse do 11 o 16 de decembro na Sala de Exposicións do Concello de Verín. Durante estas datas os veciños/as poderán votar, os 3 deseños que máis lles gusten, con 3, 2 e 1 punto. Tras o período de exposición realizarase o reconto. O cartel con maior número de votos será o gañador. En caso de empate, terán dous días máis de votación   aquelas que, resultante do voto popular, obteñan a condición para desempatar.

O premio para o gañador consistirá na edición do cartel seleccionado e nunha dotación económica de 600 euros.

Artigos relacionados

Back to top button