OurenseÚltima hora

Concello e Renfe acordan descontos do 30% nos billetes de tren a Ourense

As rebaixas serán aplicables en todos os traxectos nacionais con destino á cidade dende o 28 de outubro ao 10 de novembro
O desconto en Renfe será aplicable dende o 28 de outubro ao 13 de novembro. // Foto: Sara Fontenla.
O desconto en Renfe será aplicable dende o 28 de outubro ao 13 de novembro. // Foto: Sara Fontenla.

Facilidades para promover o turismo na cidade das Burgas. O Concello de Ourense e a operadora ferroviaria Renfe veñen de chegar a un acordo para aplicar un desconto do 30% nos billetes de tren en traxectos nacionais con destino á cidade ourensá entre o 28 de outubro e o 10 de novembro. Esta iniciativa servirá como apoio ás actividades que se celebran en Ourense nesas datas: o concurso de pinchos Sabores de Ourense, o Festival de Cine Internacional, o Samaín e o Magosto. Para solicitar o desconto, os usuarios deben presentar un impreso á hora de adquirir os billetes que pode descargarse na web da Concellería de Turismo. “A nosa intención é darlle vida a esta cidade aproveitando a celebración conxunta de diferentes eventos”, valorou o edil de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar. “A mellor estampa de Ourense é vela chea de xente dándolle vida ás súas rúas”, concluíu.

Artigos relacionados

Back to top button