OurenseÚltima hora

O concello inviste 46.000 euros para melloras o núcleo de Vilar de Astrés

O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron hoxe o lugar para repasar as intervencións
As intervencións centráronse en mellorar o firme das estradas.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron hoxe, 23 de agosto, o núcleo de Vilar de Astrés para repasar, xunto á directiva da Asociación de Veciños, as actuacións realizadas nos últimos meses de mellora da contorna, con un valor total máximo de 46.000 euros.

Estas obras centráronse na mellora do firme da estrada de Paradela (desde Vilar de Astrés a Paradela), na mellora do acondicionamento do lavadoiro de Paradela, e no acondicionamento para a zona de lecer comprendida entre o ángulo da rúa Campo e a estrada de Paradela. Xardineiras, mesas, bancos, pavimento de formigón, e unha pérgola de madeira para a veciñanza.

Así mesmo, reparouse o firme no lugar de Sartédigos, executáronse sendas canles de formigón na estrada Valdolide-Velladoi para a recollida de augas de escorrentía no treito inicial, e a conexión coa rede de saneamento municipal existente.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close