OurenseÚltima hora

O Concello reparará o edificio da Policía Local por un importe de 60.000 euros

A reparación farase grazas a un convenio entre o consistorio e consellería de Presidencia
Comisaría de Policía Local .

O Concello de Ourense, grazas a un convenio acordado coa Xunta de Galici a través da Consellería de Presidencia, acondicionará e mellorará o edificio da Comisaría de Policía Local na rúa Victoria Kent. “Acometeremos obras por un importe de 59.956,17 euros destinados, principalmente, a optimizar a eficiencia enerxética no edificio da Policía”, asegurou hoxe, 3 de agosto, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en rolda de prensa tras a Xunta de Goberno Local.

O rexedor municipal manifestou que a corporación “é consciente, tras diversas reunións cos mandos do corpo policial, das deficiencias que presenta o edificio”. Vázquez explicou que a infraestrutura presenta “humidades, entradas de aguas por falta de permeabilización, desconchamentos na pintura, problemas de climatización, gretas, fallos na apertura do protón automático de acceso ao soto, desprendemento de pezas cerámicas da fachada por filtracións de auga que tamén provocan problemas de illamento, fallos no alicatado dos vestiarios, mala ventilación nos aseos…”.

Para mellorar a eficiencia enerxética do edificio, instalarase un sistema electromecánico para a automatización da porta de acceso principal, xa que se atopa aberta a maior parte do día. Tamén se contempla mellorar con hidrofugado de pedra as fachadas para limpalas e evitar as filtracións. Nas fachadas revestidas con pintura proponse unha man de fixador con base de auga para un posterior pintado con pintura elástica e impermeable, emplastecendo as gretas con pintura acrílica e dúas mans de acabado. As obras, unha vez adxudicadas, terán un prazo de execución de dous meses.

Artigos relacionados

Back to top button