OurenseÚltima hora

Concello volve sufrir reformas para recuperar o estacionamento en liña

O goberno local toma a iniciativa tras os recentes problemas de viabilidade rexistrados na rúa co novo sistema en batería
O vial reábrese co mesmo sentido de circulación.
Dende a súa reapertura, a rúa Concello rexistra controversias a diario.

A rúa Concello, unha das máis céntricas de Ourense, reabría ao tráfico rodado o pasado luns 5 de setembro tras case medio ano de reformas. Unha obra que se estreaba prematuramente, pois tal e como recordou o alcalde da cidade en numerosas ocasións, o proxecto contemplaba a finalización para o vindeiro día 16. Pero volverá sufrir remodelacións: o repintado das prazas de estacionamento, que voltará ser en liña.

Así o declarou o goberno ourensán o pasado venres co obxectivo de apagar as controversias suscitadas co tráfico no novo vial. Nun comunicado, o Concello explicaba que “as infraccións no estacionamento impediron, por dúas veces, levar a cabo servizos tan fundamentais coma a do transporte urbano, polo que o goberno municipal vese na obriga de tomar medidas”.

Por iso, a rúa voltará ao estacionamento en liña, para o que será necesario o repintado das prazas. “Pérdense cinco prazas de aparcamento”, valoraban nese comunicado, quedando 15 e dúas reservadas para persoas con mobilidade reducida. Pero móstranse convencidos de que con isto se recuperará “a fluidez no tráfico pensada co deseño actual”.

Artigos relacionados

Back to top button