En portadaÚltima hora

Concellos ourensáns e lusos propoñen unha nova conexión internacional por autovía ata a estación do AVE da Gudiña

Pensan que a infraestrutura reforzaría a Eurorrexión e facilitaría o acceso ao AVE Madrid-Galicia a unha poboación de 200.000 portugueses

Infraestruturas da liña de alta velocidade na Gudiña./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Un grupo de concellos transfronteirizos veñen de presentarlle á Xunta unha proposta para impulsar unha nova conexión internacional por autovía entre o Nordeste de Portugal e a estación do AVE da Gudiña, en Ourense. O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mantiveron unha xuntanza sobre tema con alcaldes ourensáns e do norte de Portugal, tal e como se informa dende a Administración galega.

Así para explicar a proposta, no encontro participaron o alcalde da Gudiña, José María Lago, o alcalde de Riós e presidente da Mancomunidade de Conso-Frieiras, Francisco Armando Veiga, e o presidente da Cámara municipal de Vinhais, Luís dos Santos Fernandes, e o presidente da Cámara municipal de Miranda do Douro.

No encontro, os rexedores presentaron a iniciativa e demandaron o apoio autonómico para promover ante o Goberno de España a construción do treito desta autovía correspondente ao territorio nacional, unha vez que o Executivo portugués xa manifestou o seu interese nesta conexión.

 

Imaxe da reunión entre os alcaldes e o vicepresidente da Xunta e a conselleira de Infraestruturas.

 

Segundo explicaron, a execución desta autovía internacional contribuiría en gran medida a reforzar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e facilitaría o acceso directo á liña de AVE Madrid-Galicia a unha poboación de 200.000 cidadáns do norte luso.

Así mesmo, consideran que, para a execución desta infraestrutura, os gobernos de España e Portugal poden acollerse a programas de financiamento cos que a UE impulsa as infraestruturas transfronteirizas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close