ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Concentración contra a violencia de xénero, no Barco

Centos de persoas se xuntaron na praza do Concello como mostra de rechazo ante o maltrato

“Co maltrato non hai trato”. Ese o lema da campaña coa que na mañá do 25 de novembro se conmemoraba o día internacional contra a violencia de xénero no Barco de Valdeorras.

Concellos, asociacións culturais e deportivas, e a poboación en xeral se uníase para amosar a súa repulsa á violencia machista. No Barco, o propio ente local foi o encargado de organizar un programa e actos para o que convocaron a tódolos centros de ensino.

A xornada comezaba en torno ás once e media da mañá cunha cadea humana. Unidos por lazos morados, alumnos e profesores dos colexios barquenses (IES Martaguisela e Lauro Olmo, CEIP Condesa de Fenosa, CEIP Julio Gurriarán, CEIP Otero Pedrayo e Colexio Plurilingüe Divina Pastora), percorreron as rúas da vila ata a praza do Concello onde se deron cita moitas outras persoas, antes da lectura de dous manifestos por parte de alumnos dos dous institutos.

O programa inclúe asemade cine, foro e exposición no Teatro Lauro Olmo a partires das 20 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button