Como medida de protesta ante o peche de camas neste verán no Hospital Comarcal Valdeorras (HCV) a xunta de persoal deste centro vai convocar unha concentración o vindeiro martes 14 de xuño. “Este ano voltamos sufrir o peche do 20% das camas de hospitalización (un total de 80) do HCV durante os meses de xullo e agosto, o cal se traduce en menos actividade cirúrxica e menos capacidade de ingreso. Os peches de camas estanse a facer dende que somos área de xestión integrada”, aseguraba en rolda de prensa Víctor Pariente, membro da Xunta de Persoal do hospital do Barco.
“Dende a Xunta de Persoal”, indicaba ao seu carón Jesús Vilasánchez, “opoñémonos frontalmente a ese peche por iso imos convocar unha mobalización”. Será unha concentración que está prevista para o vindeiro martes 14 de xuño diante do hospital. “Facemos un chamamento á cidadanía para que participe e para que amose o seu rexeitamento a este peche de camas”, engadía Pariente.