OurenseÚltima hora

Concentración contra os tres crimes de Valga na Subdelegación do Goberno en Ourense

 

Neste mediodía gardábase un minuto de silencio ante a Subdelegación do Goberno en Ourense durante unha concentración convocada ás 12h. diante dende este organismo como mostra de repulsa ante o triple crime de Valga (Pontevedra). No acto paricipaba un nutrido grupo de persoal da Subdelegación, o subdelegado, así como diversos mandos policiais e cidadáns anónimos que quixeron sumarse.

O subdelegado do goberno en Ourense, Emilio González, condenou este crime machista e fixo un chamamento á unidade de todos os estamentos da sociedade para seguir loitando contra a lacra da violencia de xénero. Sinalou ademais que con el increméntase o número de vítimas de violencia machista ata cinco no que vai de ano en Galicia e ata corenta e unha no Estado, o que supón “datos moi preocupantes”. Por iso, fixo fincapé na necesidade de “seguir loitando entre todos, sociedade e Administracións Públicas, para poñerlle fin a esta lacra a través do traballo a todos os niveis (prevención, educación, etc.)”.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button