ConcellosÚltima hora

Concentración contra a violencia de xénero, hoxe na Pobra de Trives

No acto, previsto para ás 17h. na praza da Igrexa, inaugurarase una placa en lembranza das mulleres asasinadas por violencia machista

web-cartel-25n-trives

A Federación de Mulleres Anaral, en colaboración coas asociacións que a integran (Arandeira, Anel e Algueirada) organizan para hoxe, venres 25 de novembro, un acto simbólico na Pobra de Trives con motivo do Día contra a violencia de xénero.

Ás 17 horas na praza da Igrexa terá lugar unha concentración e a inauguración dunha placa en lembranza das mulleres asasinadas pola violencia machista. Dende Anaral “convidamos a tódalas persoas que se queiran achegar a acompañarnos neste acto no que tamén se lerá un manifesto”.

Artigos relacionados

Back to top button