Concellos

Concentración da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras

Imaxe da concentración.
Imaxe da concentración.

Na mañá do 2 de xuño os membros da Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, de recente creación, concentrábanse fronte á delegación de Hacienda da comarca de Valdeorras, no Barco.

Os obxectivos desta agrupación son, segundo explican, “acadar unha igualdade de trato fiscal respecto ao resto dos xubilados, a devolución das multas e a derogación dunha lexislación inxusta, que trata aos emigrantes retornados como defraudadores, xunto coa asesoramento, coordinación e apoio a todas as persoas afectadas pola lei 35/2006”.

Ademais dende esta plataforma acordouse voltar a xuntarse o 2 de xullo ás 11 fronte a Hacienda e convidan a que todo aquel que se atope nesta situación a que se poña en contacto con eles e a que asista aos actos para facer valer os seus dereitos.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button