ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A concentración da Rúa polo Día da Muller, en imaxes

A praza do Concello da Rúa convertíase no mediodía do 8 de marzo en escenario dunha concentración con motivo do Día Internacional da Muller. Numerosas persoas participaban nela. O acto comezaba coa lectura dun manifesto por parte da tenente de alcalde ruesa, María González.

De seguido, a concelleira Ana Vizcaya repartía lazos de cor violenta entre os presentes, nos que podían escribir mensaxes de ánimos ou alusivos ao Día da Muller que, despois se lle entregaban ao alcalde. Luis Fernández.

Estes lazos daránselle pola tarde á atleta vilamartinesa Eva Arias, que acompañada por outras persoas, realizará un percorrido revindicativo correndo dende Petín ata O Barco, con paradas nos diferentes concellos.

Fotos: Mónica G. Bellver.
https://osil.info/atleta-eva-arias-comeza-sua-carreira-prol-da-muller-petin/
https://osil.info/multitudinaria-festiva-concentracion-polo-dia-da-muller-no-barco/
https://osil.info/acto-vilamartin-polo-dia-da-muller/
https://osil.info/dia-da-muller-verin/

Artigos relacionados

Back to top button