DeportesÚltima horaVídeos

Concentración das seleccións galegas de voleibol infantil e cadete, en Quiroga

 

O pavillón municipal de Quiroga volve converterse no centro neurálxico de adestramento para a elite galega de voleibol.

Nesta fin de semana celébrase nas instalacións municipais, a concentración das seleccións galegas infantil e cadete, masculino e feminino. 56 rapaces (70 en total contando ao equipo técnico) ás ordes do seleccionador galego, Juan Carlos Suárez, que se poñen a punto para o campionato de España de seleccións autonómicas que se celebrará do 30 de xuño ao 3 de xullo en Valladolid.

Tal como explica o seleccionador, a expedición chegaba este sábado 4 de xuño desenvolvendo adestramentos de dúas horas por categoría. “Primeiro foi a cadete e despois a infantil pola tarde, e mañá faremos dobre turno, de mañá e de tarde”, di Juan Carlos, engadindo que fan noite no albergue.

A idea de cara ao nacional é repetir a concentración en Quiroga os días 25 e 26 de xuño para despois arrancar cara Valladolid.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button