ConcellosÚltima hora

Concentración de apoio aos traballadores da piscina climatizada do Barco

Medio cento de persoas reuníanse ás sete da tarde do 7 de xuño na praza do Concello do Barco nunha concentración convocada por CCOO co lema “Non ao peche das piscinas municipais. Non ao despedimento. Subrogación xa”. Neste acto dábase lectura a un manifesto no que se pedían solucións para os nove traballadores da piscina cuberta.

A esa mesma hora comezaba o pleno ordinario de xuño no que a Corporación barquense abordaba a resolución “por mutuo acordo do contrato de xestión do servizo público da piscina climatizada”.

As tres últimas fotos da galería son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button