ConcellosÚltima hora

Concentración de emigrantes retornados no Barco

Na mobilización pedían, entre outras cousas, a modificación da lei 35/2006
Concentración de emigrantes retornados diante de Facenda, no Barco
Concentración de emigrantes retornados diante de Facenda, no Barco

En torno a unhas 60 persoas se daban cita na mañá do 4 de agosto, diante de Facenda, no Barco, para participar na concentración convocada pola Plataforma de Emigrantes Retornados.

Nela leuse a nota de prensa da Coordinadora de Emigrantes Retornados, na que “parabenizabámonos da retirada das multas despois das nosas mobilizacións”, pero consideran que non soluciona o problema. “Para iso” din “esiximos a modificación da lei 35/2006, para que se trate xustamente os/as emigrantes”.

Dende a Plataforma tamén solicitan “que non teña un carácter retroactivo, é dicir, que afecte aos ingresos a partir do 2014, non antes”. Do mesmo xeito, piden que se informe individualmente a cada un de se debe ou non incluír nas declaracións os ingresos procedentes do estranxeiro.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button