DeportesÚltima hora

Concentración de escolas de minibasquet en Ourense

A xuntanza, organizada polo ABO, celebrarase pola mañá no polideportivo O Pompeo
Cartel da campaña da escola de baloncesto do ABO.
Cartel da campaña da escola de baloncesto do ABO.

Mañá venres 31 de outubro, de 10 a 12h. celebrarase no polideportivo O Pompeo (IES Otero Pedrayo) de Ourense, a I Concentración de Escolas de Minibasquet.

Tal como esplican dende o ABO, no encontro daranse cita as escolas que coordinan de forma directa o club Asociación Basket Ourense, que esta tempada contará con escolas no pavillón municipal dos Remedios, no CEIP Curros Enriquez, no colexio Luis Vives e no CPI José García de Mende; o Club Ourense Baloncesto coa escola do Paco Paz; e o Club Baloncesto Feminino Ourense que fomenta o baloncesto nos colexios Josefinas e Padre Feijóo.

A actividade centrarase en concursos e actividades para os xogadores e xogadoras durante a mañá, e completarase coa asistencia ao partido de Leb Oro entre o Club Ourense Baloncesto e Club Baloncesto Valladolid que se disputará ás 21h. no Pazo Paco Paz.

Artigos relacionados

Back to top button