CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Concentración de Maios na praza da Alameda de Verín

Ao longo da mañá do 1 de maio na praza da Alameda de Verín ían concentrándose os fermosos Maios elaborados polos veciños. O programa desta tradicional festa incluía trofeos de petanca, chave e un concerto da Banda do Conservatorio de Verín. Tamén se vendían as coplas editadas no Certame Enrique Gómez Pato.

Ademais, ao mediodía, o público podía desfrutar con polbo á feira que se servía nunha caseta instalada na praza. O pan e o viño co que podía acompañarse o polbo foron subvencionados polo Concello de Verín.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button