ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

Concentración de zapateiros, na beira do Sil no Barco

 

Pouco antes da chegada da chuvia deste martes 14 de setembro ao Barco, nunha das beiras do río Sil ao seu paso polo Barco podía verse unha gran concentración de zapateiros (Gerris lacustris), un curioso tipo de insecto, de cor marrón escura, que camiña con asombrosa facilidade sobre a auga.

 

 

Posúe tres pares de patas e deslízase sobre a auga apoiándose no seu segundo e terceiro par de patas, tal e como pode comprobarse nestes imaxes.

O zapateiro é un insecto habitual nas de masas de augas galegas en zonas de pouca corrente.

Imaxes: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button