ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Concentración e charla informativa contra a violencia machista, en Vilamartín

Persoal do Centro de recuperación integral para vítimas de violencia de xénero, dará unha charla esta tarde no local Vía Nova

O Concello de Vilamartín de Valdeorras participa nos actos do Día internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres que este ano se fan en varias localidades da comarca baixo o título “Valdeorras en negro”, para facer máis visible o problema do maltrato e crear conciencia do problema na sociedade valdeorresa.

Hoxe venres 25 de novembro ás 12h. celebrábase unha concentración de repulsa na praza do Concello, con lectura dun manifesto por parte do alcalde, Enrique Barreiro. Pola tarde, ás 18.30h. haberá unha harla informativa a cargo do persoal do Centro de recuperación integral para vítimas de violencia de xénero, no local Vía Nova.

Ademais, o luns 28 de novemebro celebrarase en horario escolar unha xornada de portas abertas no colexio José Manuel Folla Respino, onde haberá unha exposición cos traballos que fixeron os alumnos e alumnas, para
fomentar a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.

Máis información sobre este acto en Valdeorras:
https://osil.info/o-barco-contra-violencia-de-xenero/

https://osil.info/acto-contra-violencia-de-xenero-na-rua/

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button