Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Concentración en defensa dun CAPD para Ourense

Este acto reivindicativo tiña lugar na mañá do 14 de novembro diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense

Numerosas persoas se reunían a partires das once menos cuarto da mañá do 14 de novembro diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ourense. A concentració, convocada pola plataforma PROCAPD, reivindicaba un Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) para Ourense. “Non queremos un centro ocupacional, senón un CAPD, que non é para nada o mesmo”, dicía unha das portavoces da plataforma, Elena Domínguez.

Dende a plataforma sinálase que non existen impedimentos urbanísticos para desenvolver ese proxecto, “o problema non é do edificio, senón de que hai que invertir, é necesario facer as cousas ben dende o principio”, matizaba tamén dende a plataforma Pedro Rodríguez. Ademais lembraba que “nós pedimos que o centro fora 100% público e no proxecto actual, que consideramos que non sirve, non está contemplada a cociña nin a lavandería. E no proxecto ten que figurar tamém un convenio coa Consellería de Educación para que esa cociña poda ser usada polo centro”.

Dende a plataforma din asemade que están dispostos “a esperar un ano máis polo centro residencial, na primeira planta poden meter os servizos todos e na segunda planta facer o internado”. E lembran que en Galicia funcionan xa neste momento tres CAPDs.

Entre os asistentes á concentración había representantes sindicais, como Etelvino Blanco da CIG, e tamén políticos, como é o caso do deputado autonómico de En Marea, Davide Rodríguez, de Manzaneda.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button