SanidadeÚltima hora

Concentración en defensa dunha “sanidade digna e pública” para o oriente ourensán

Este acto reivindicativo, convocado pola Xunta de Persoal do HPV, terá lugar mañá ás 20:30h. diante do hospital valdeorrés

 

Logo da manifestación celebrada o pasado 28 de novembro en defensa do Hospital Público de Valdeorras, a Xunta de Persoal deste centro sanitario volve facer un chamamento á poboación de cara a mobilizarse en defensa dunha sanidade digna para as comarcas de Valdeorras, Terras de Trives e Viana do Bolo. En concreto será unha concentración prevista para mañá xoves 30 de xuño ás 20:30h. xunto ao hospital barquense.

A Xunta de Persoal, que vén realizando concentracións cada xoves dende o mes de abril ás 12h. na entrada do HPV, asegura que dende a manifestación do pasado outono, “non só non se dotou ao hospita dos recursos necesarios, senón que se reduciron máis: Medicina Interna pasou de 10 a 5 especialistas, e nno se acadou que os MIR (Médicos Internos Residentes) que remataron a súa formación, nin un sequera, asinara contrato no HPV. O que fai que nestes momentos teñamos a necesidade de 20 especialistas”.

 

 

Así mesmo, a Xunta de Persoal refírese “aos graves problemas que vén arrastrando a Atención Primaria coa falla xeralizada de profesionais”. Ademais sinala que “non houbo ningún tipo de resposta por parte do Sergas, máis alá de dar bandazos”, de aí a decisión de convocar “unha gran concentración diante do hospital” para, “unha vez máis e levamos anos, demandar unha sanidade digna para as comarcas do oriente ourensán porque a saúde vainos en elo”.

Artigos relacionados

Back to top button