OurenseÚltima hora

Concentración en Ourense polo Día da Endometriose

A xuntanza tiña lugar na praza do Ferro tralas charlas divulgativas no auditorio de Afundación
Concentración polo Día da Endometriose en Ourense.

Numerosas persoas se reunían o 17 de marzo en Ourense para participar nos actos centrais do Día da Endometriose, organizados pola Asociación querENDO. Mulleres con endometriose.

En torno ás 11 horas celebrouse unha charla divulgativa no auditorio de Afundación e deseguido tiña lugar unha concentración na praza do Ferro para dar lectura ao manifesto da Endometriose 2018.

Tal como explican dende a asociación, trátase dunha doenza crónica, inflamatoria, hormono-dependente, por veces incapacitante, caracterizada pola aparición de tecido endometrial noutros lugares do corpo como no exterior do útero, nos ovarios, na cavidade pélvica, intestino, aparato urinario, diafragma, pulmón… Cursa moi frecuentemente con dor e pode levar emparelladas dificultades para o embarazo. “Ata aquí, unha doenza máis. Por diante quédanos a descuberta dunha epidemia oculta da que se fala pouco e se investiga menos. Os números son implacables xa que afecta a 1 de cada 10 mulleres en idade fértil. En Galicia somos máis de 60.000 das cales o 15% son formas severas”, alertan dende querENDO.

No Día da Endometriose, o colectivo de mulleres afectadas reclamou “investigación, divulgación, atención sanitaria de calidade, servizos de fertilidade no sistema público que atendan en tempo e forma a nosa e que que os nosos tratamentos estean todos incluídos na carteira de medicación da Seguridade Social demanda”.

Artigos relacionados

Back to top button